
A modalidade poética do slam naceu na cidade de Chicago en 1985, pero non empezou estourar en España ata hai unha década. En 2009 tivo lugar a primeira edición do Poetry Slam Madrid, e ao ano seguinte xurdiu o Poetry Slam Barcelona. Non tardaron moito en xurdir unha boa presada de slams máis arredor de todo o Estado, que a día de hoxe son 24.
Ante este fenómeno, en 2012 conformouse a federación do Poetry Slam España, que reúne aos gañadores dos diferentes slams locais nunha competición anual. O vencedor do slam nacional clasificarase para o campionato europeo, e o gañador deste competirá a nivel mundial.
Porén, lonxe do que poida parecer, a finalidade do Poetry Slam está moi lonxe de xerar rivalidade entre os seus participantes; a súa máxima pretensión sempre será a exportación da poesía local cara unha retroalimentación universal cada vez máis grande. Máis aló da industria literaria en papel, a modalidade do slam pon á vista do ollo público aos pequenos poetas descoñecidos.
Dani Orviz, gañador do Poetry Slam España 2019
Adriana Bertrán, gañadora do Poetry Slam España 2018 e subcampeona de Europa
José Flores, gañador do Poetry Slam España 2017