top of page

Luz Fandiño nace en Compostela en 1931, no tradicional barrio de Sar. Tras unha nenez marcada pola pobreza da Guerra Civil e a posguerra, vese obrigada a emigrar aos 21 anos á Arxentina. Alí descubre, grazas ao Centro Galego de Bos Aires, a súa identidade como galega, e comeza a escribir poesía. En 1964 emigra novamente, esta vez a Francia, onde vive en primeira persoa a revolución de Maio do 68.

Durante a Transición Española, retorna definitivamente a Compostela. A día de hoxe, ten dous poemarios publicados: Farangulliña de neve (1998) e O pracer de envellecer (2014).

 

 


Luz Fandiño. Imaxe de Raquel Blanco

Poeta, serventa, proletaria. Con 88 anos de idade, Luz segue a ser un dos máximos referentes culturais e activistas da cidade. Unha ola de fondos saúdos e xestos de gratitude cada vez que asiste como público aos encontros do Poetry Slam e aos recitais do Modus Vivendi, aos que segue a ser fiel; encántalle ver como os mozos recitan na súa lingua: a galega. Poucas persoas fixeron tanto por xerar e preservar a cultura desta nosa cidade, a de Rosalía.

Luz recibiunos cos brazos abertos no seu piso no centro de Santiago. Nunha casa adornada con bonecos de la, libros, estreleiras e imaxes do Che Guevara. Alí tivemos o pracer de documentar unha fermosa retrospectiva: a dunha poeta galega descubríndose na emigración. 

  • Facebook
  • Instagram
Envíanos o teu poema

¡Gracias por participar!

© 2023 by The Book Lover. Proudly created with Wix.com

bottom of page