
AlgÚNs participantes do slam
Preme nas fotos para ver as entrevistas e nos reprodutores de audio para escoitar a súa poesía!
Brais
Nogueira
Vigués e antigo integrante do grupo poético Alter Ego, publicou en 2017 o seu primeiro poemario, Agridulce; pouco despois, empezou a escribir plenamente en galego. Brais ten participado nos tres Poetry Slam Compostela celebrados ata o momento.
​
Diego
Negro
Natural de Betanzos, estudou Arte Dramático, e é músico e poeta. Chegou a ser finalista na II edición do Poetry Slam Compostela.
Lúa
Mosquetera
En 2018 publica Rasrás, o súa primeira experiencia na poesía. A súa introdución no Slam tamén foi estelar: no segundo encontro do III Poetry Slam conseguiu clasificarse para a final, coa aprobación unánime do público.
Paulo
Maestro
Naceu e criouse en Cariño, provincia da Coruña, e chegou a Santiago para estudar Filosofía. Así iniciouse o camiño dun dos poetas máis relevantes da esfera local. Gañador do II Poetry Slam Compostela, conseguiu chegar á Gran Final da competición estatal, onde quedou oitavo.
Peter
Brea
Músico e poeta de Carral, é un dos habituais do Poetry Slam Compostela. Verémolo na final desta III edición, tras facerse coa victoria do primeiro encontro da tempada 2019/20.
Diego
Horschovski
Sen el, a cultura poética de Compostela sería moi diferente. Como resposta á censura da cultura na cidade, en 2014 creou o espazo de Poesía e Microrrelato Compostela. A finais de 2017 naceu grazas a el e a Marcelo Saffores o Poetry Slam Compostela.